Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP de Burela que o seu programa é o único que se pode aplicar

Nota de prensa:
NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR

González Barcia: “Burela ten que recuperar o pulso e o seu papel dentro da provincia”.

Afirma que hai conter o despilfarro xenerado polo bipartito, traballar máis, e aplicar medidas para asentar empresas e crear emprego.
O candidato popular di que o do PP é o único programa que se pode aplicar.

Burela, 15 de maio de 2011.- O Partido Popular celebrou hoxe o seu mitin central da campaña electoral coa presencia de Jose Manuel Balseiro, a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e Josè Marìa Gonzàlez Barcia.

O candidato dos populares, Gonzàlez Barcia, afirmou que “Burela tèn que recuperar o tempo perdido nestes catro anos, para volver a ser o espello da Mariña e mesmo da provincia”. Barcia indicou que “hai dùas cousas que hai que facer con caràcter inmediato: habilitar medidas urbanìsticas e fiscais para asentar empresas e comercios e asì xenerar emprego; e poñer en marcha un plan de control do gasto, para evitar o despilfarro e aportar fondos òs colectivos e anpas, que viron como nestes catro anos se quedaron sen axudas do concello”.

As propostas dos populares, segundo Barcia, “son realistas: temos que rematar canto antes o PXOM, demandar unha soluciòn xa para o corredor Barreiros a San Cibrao, axilizar ante a Xunta o acceso ò porto, darlle un impulso ò porto coa reordenaciòn da dàrsena interior e a consideraciòn de porto PIF, etc.”

O candidato popular afirmou que a Xunta cumple con Burela: “fixo o novo campo de fùtbol da Marosa, amplia o vial desde a Cruz Roja ò Berbès, rematou a nova rede de abastecemento de auga a Burela, Fixo mais Feijoo en dous anos co bipartito en catro”. E engadiu: “e nòs tamèn faremos mais ca ninguèn por Burela, a base de traballo; seremos un alcalde e un equipo de goberno incòmodos para as outras administraciòns, porque estaremos sempre pendientes dos asuntos para sacalos adiante”.

O popular asegurou que “ò único programa electoral que se pode aplicar è o do PP, porque os bipartitos non teñen programa, sò usan o concello para conveniencia propia. Os bipartitos tampouco poden ofrecer cohesiòn e equipo, eso solo o pode ofrecer o PP. De feito, solo houbo un partido que estivera facendo propostas estas ùltimas semanas, e ese partido foi o PP ”.

Josè Maria Gonzàlez Barcia fixo fincapè en que “o equipo de goberno tèn que ser o primeiro en dar exemplo, traballando màis ca ninguèn e baixando os cartos que se adican a dedicaciòns exclusivas e parciais. Non se pode estar, afirmou, sentado ò lado dunha silla, tomando notas nunha libreta e agardar a ver se sona o telefono. Hai que moverse, a ninguèn lle traen as cousas à casa”.

Barcia rematou facendo un chamamento a todos os cidadàns para apostar polo traballo, pola ilusiòn, polo compromiso e polo futuro.

Exit mobile version