Site icon Crónica3.com A Mariña

Escolares de Riotorto asistiron a unha xornada de autoprotección con protección civil de Cervo

Nota de prensa

Unha trintena de escolares do CEIP de Riotorto participaron esta mañá nunha
xornada de autoprotección escolar organizada pola Agrupación Local de Protección
Civil de Cervo.

Na xornada, os membros de Protección Civil de Cervo amosáronlles aos rapaces os
distintos perigos que poden atoparse na súa vida diaria e coma reaccionar diante
das situacións de emerxencia.

Os nenos e nenas tamén tiveron oportunidade de comprobar de primeira man os
distintos materiais e vehículos cós que conta esta agrupación para facer fronte
ás emerxencias.

Exit mobile version