Site icon Crónica3.com A Mariña

Gaña a democracia

Gaña a democracia

Hai quen aínda non comprende a diferencia entre o que un desexa e o que desexan a inmensa maioría dos veciños, neste caso, opinión que en democracia se expresa a través dos votos. Só así podemos interpretar que un lector afirme atoparse “avergoñado e indignado” pola contundente e inapelable victoria do Partido Popular no concello de Cervo. Unha vitoria que por certo vén aparellada polo descalabro electoral e perda de votos de socialistas e nacionalistas.

En Cervo acontece que aqueles que compran o discurso da oposición son moi radicais e non son capaces de ver a realidade, están permanentemente crispados. Non queren ver unha realidade que amosa un Concello que avanza, e de xeito especial tras a chegada ao goberno de Feijóo. A nova praza, os saneamentos, a residencia para a terceira idade, as escolas deportivas, o novo auditorio, a mellora dos contornos urbanos, a gardería gratuíta, os obradoiros de emprego,…. son moitas as razóns para entender que un goberno do PP en sintonía cun goberno do PP na Xunta e no Estado será positivo.

Polo contra os veciños de Cervo decidimos castigar á oposición. Unha oposición que non soubo aproveitar o seu poder de decisión na Deputación e que por riba, insultou aos veciños acometendo asfaltados incompletos días antes das eleccións. O Museo do Mar que prometeron ampliar e non o fixeron, as estradas provinciais intransitables, a negativa a ceder os locais pechados da Casa do Mar, a negativa a rematar o sanemento en San Ciprián… así un longo etcétera de agravios.

Por eso votamos PP, porque o PSOE e BNG en vez de convencernos con feitos, obras e servizos, boicoteaban todo o positivo para o noso concello, sen importarlles prexudicar aos seus veciños. Lara Méndez e Xoán Estua cometeron un grave erro, o de esquecerse que as eleccións se gañan en positivo e así lles foi, hoxe o PP ten máis votos que a suma de socialistas e nacionalistas.

Exit mobile version