Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 100 firma estarán presentes na feira Expomar que supón un investimento de 244 mil euros

Nota de prensa

Presentación da XIV Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar 2011, que tivo lugar este mediodía no salón de plenos do Concello. O alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, subliñou que “este ano superamos a demanda doutras edicións, a pesares da crise, e ocupáronse os 3.000 metros cadrados da nave de redes”.
O rexedor fixo fincapé na importancia do XII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras e das XIV Xornadas Técnicas, que se desenvolverán paralelamente a Expomar e dixo que “esta feria favorece ao sector pesqueiro, pero tamén a toda Burela”. Máis de 100 firmas se darán cita en Expomar 2011 do 19 ao 22 de maio chegadas desde moitos puntos de España, Portugal e Cabo Verde, entre outros.
O custe da feira ascende a 243.926 euros. Na pasada edición houbo 5.000 visitas profesionais e preto de 2.000 por taquilla. Na presentación estiveron tamén Remedios López, presidenta da feira e concelleira do Mar e representantes da cofraría de Burela, de Absa e o xefe territorial de Pesca da Xunta.

Exit mobile version