Nota de prensa
OS ALUMNOS DE INFANTIL E DE 1º DE PRIMARIA DOS DOUS CENTROS DE ENSINO DE BURELA PARTICIPAN ESTES DÍAS NA SEMANA DA RECICLAXE QUE ORGANIZOU A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE.
As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia son as encargadas de realizar os talleres con materiais de refugallo (cartóns, botellas, etc… que os nenos traen das súas casas) intentando descubrir as utilidades dos materiais de refugallo antes de seren considerados como residuos. Os nenos participan na actividade en horario escolar desde as 9:00 da mañá ata as 14:00 horas.
A Semana da Reciclaxe tamén inclúe unha charla sobre Residuos Sólidos Urbanos. Será impartida no Salón de Actos do Concello de Burela hoxe día 19 ás 19:30 e está destinada ao público en xeral. A onde van os residuos e qué se fai con eles, qué é a recollida selectiva son algunhas das preguntas que se abordarán nesta charla impartida polas monitoras do Centro Gaia.