Site icon Crónica3.com A Mariña

NNXX de Burela quere declarar Festa galega de interese turístico a Romaría do Castelo

Nota de prensa:
NNXX de Burela inclúe no programa do PP que se solicite a declaración de Festa Galega de Interese Turístico a Romaría do Monte Castelo.

Os xoves do PP consideran que o concello non cuida suficientemente a área recreativa.

Aseguran que o bipartito propiciou “a emigración da xuventude para pasar o tempo de ocio”.

Burela, 16 de maio de 2011.- Novas Xeneracións de Burela manifestou hoxe a súa satisfacción pola inclusión, no programa electoral do PP, e a petición dos xoves populares, de solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Romaría do Monte Castelo.

Os xoves do PP consideran que a Romaría tén entidade e tradición suficiente para que o concello promova tal solicitude. Pero ademais NNXX aposta porque o concello apoie á organización da Romaría, xestionando recursos e aportando medios para que impulsar a Romaría e que poida seguir celebrándose. Tamén consideran que o bipartito actual tén prácticamente abandonadas as estructuras construidas con madeira existentes na área recreativa, polo que entenden que a Comunidade de Montes teña solicitado no seu día a reversión da zona á propia Comunidade, ante a incapacidade do concello para mantela.

NNXX considera que o concello non está a facer nada para atraer xente nova a Burela. Segundo os xoves populares, hai moitas fórmulas para atraer xente nova a Burela, e así evitar desprazamentos, formulando a oferta de actividades para todo tipo de gustos: organización de eventos musicais, noites alternativas, etc. Poñen como exemplo a celebración do Pro-Evolution Soccer hai cinco anos: para os xoves do PP, “o bipartito foi nefasto para a xuventude burelesa porque nos fixo emigrar para poder disfrutar do noso tempo de ocio”.

Exit mobile version