Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros insiste coa rehabilitación das escolas

Nota de prensa

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, recalca que “foi o propio Antonio Veiga o que se comprometeu a ter o convenio listo antes do remate da campaña electoral, e non foi así. Foi incapaz de ter listo ese convenio, a pesares de que a fecha púxoa él”. O rexedor puntualiza que “o concello non perdeu nin un só día en realizar a tramitación da titularidade das escolas, en canto puidemos fixémolo e a Deputación foi a primeira en sabelo”.
Alfonso Fuente nega que “a Deputación contactase co Concello nas últimas horas para preparar o convenio da reparación das antigas escolas de San Miguel. Eso é mentira, non recibimos comunicación nin fax algún sobre este asunto. Ninguén se puxo en contacto co concello”.

Exit mobile version