Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela agarda saber as razóns da non concesión da bandeira azul á praia de Ril

Nota de prensa:
A MAROSA, O PORTELO, O BARCO MUSEO E O CENTRO MEDIOAMBIENTAL GAIA CONSEGUIRON A BANDEIRA AZUL NESTE 2011. LLANO AGARDA SABER AS RAZÓNS POLAS QUE A PRAIA DE RIL NON O RECIBIU ESTE ANO.

Burela, 25 de maio de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, agarda coñecer nas vindeiras horas as razóns polas que a praia de Ril non obtivo a bandeira azul neste 2011. Aínda así conseguiron este recoñecemento as praias de A Marosa e O Portelo, o barco museo e tamén o centro de educación medioambiental Gaia.

Llano sinalou que “estamos á expectativa de saber de xeito definitiva e concluínte as razóns polas que se nos dan e se nos quitan as bandeiras azuis. Agora mesmo temos a bandeira azul na Marosa, no Portelo, no barco museo Reina del Carmen e para o centro de educación medioambiental Gaia”. E dixo que “o que nos estrana é que non apareza, de momento, a praia de Ril. Temos que esperar polas razóns que nos poidan dar, si é que cambiaron algunha baremación ou si é que esixen algunha cuestión a maiores. Estamos agardando polas explicacións que nos poidan dar e en canto as coñezamos tentaremos recuperala”.

O rexedor subliñou que “as análises que se fixeron nas praias ao remate da temporada pasada deron que a calidade das augas é excelente en todas as nosas praias. Había unha baremación de ata 2 e todas chegaban a esa calificación, o que significa que a calidade da auga era perfecta. Non sei polo tanto que razón pode haber para que a praia de Ril non conte con bandeira azul”.

Alfredo Llano lembrou que “de todos os xeitos en Burela contamos coa certificación 14001 na praia de A Marosa, en Ril e no Portelo, que é unha garantía de calidade extrema. A bandeira azul é moi ben considerada no noso concello, pero tamén a ISO 14001 é unha garantía total da calidade dos servizos das nosas praias”.

Exit mobile version