Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela convida os veciños a asistir á presentación do libro-DVD “Memoria do oficio do mar”

Nota de prensa:
LLANO CONVIDA AOS VECIÑOS A ASISTIR Á PRESENTACIÓN DO LIBRO E DO DVD MEMORIAS DO OFICIO DO MAR, QUE TERÁ LUGAR ÁS NOVE DA NOITE NA CADA DA CULTURA. O REXEDOR DI QUE SERVIRÁ PARA QUE ESTUDIOSOS E CURIOSOS COÑEZAN A HISTORIA DE BURELA.

Burela, 5 de maio de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convida aos veciños a asistir á presentación do libro e do dvd Memorias do oficio do mar, que terá lugar ás nove da noite na Casa da Cultura.

O rexedor asegurou que “non é nin máis nin menos que un resumo da historia máis recente desde finais do século XIX ata os nosos días. É unha cuestión que ten unha importancia vital para o noso concello, dado que aquí vendo o vídeo ou lendo o libro imos entender perfectamente a nosa situación actual, cómo funciona o porto, cómo funcionan os oficios do mar, qué tipo de artes se aplican, qué especies se están a pescar… é unha parte fundamental da nosa historia con testimonios vivos. Creo que facer unha recopilación destas características coa xente que protagonizou parte da nosa historia é algo moi importante”.

Llano lembrou que “a presentación será ás nove da noite na Casa da Cultura. Todos os veciños de Burela están invitados, pero en particular agardo que acuda toda aquela xente que participou no proxecto. Gustaríame destacar que o remate final tanto do libro como do vídeo quedou extraordinariamente ben. Penso que vai gustar, porque é unha referencia clara da nosa cultura, da nosa economía, da nosa sociedade e que serve para estudiosos ou curiosos de coñecer a nosa historia. Felicito á xente que participou e colaborou na realización deste libro e deste vídeo, que son dunha calidade extraordinaria”.

Exit mobile version