Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela entregou exemplares de “Memoria do oficio do mar” aos centros de ensino

Nota de prensa:
ALFREDO LLANO ENTREGOU VARIOS EXEMPLARES DO LIBRO E DO DVD MEMORIAS DO OFICIO DO MAR NOS CENTROS DE ENSINO DE BURELA.

Burela, 11 de maio de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acudía esta mañá aos centros de ensino para facer entrega de varios exemplares do libro e do dvd Memorias do oficio do mar. O rexedor achegóuse aos CEIP Vista Alegre e Virxe do Carme, aos IES Monte Castelo e Perdouro e tamén á gardería.

Segundo explica a concelleira do Mar, Remedios López Villar, “nestes exemplares vese recollido un traballo de investigación dos últimos 100 anos da historia recente de Burela, contada polos seus propios protagonistas a xente vinculada ao mar. Ao largo da semana iremos deixando mais exemplares nas entidades oficiais, públicas e privadas relacionadas co mundo do mar: Capitanía Marítima, ABSA, cofradía de pescadores, A Moncloa…. para que nas súas bibliotecas quede constancia deste proxecto”.

A edil socialista contou que “a idea deste proxecto xurdiu nas primeiras xornadas gastronómicas dedicadas á merluza do pincho, nas que se presentaba unha exposición de retratos do arquivo fotográfico da Concellería do Mar, ampliadas e colocadas na praza e dunha pequena charla dos xubilados da Moncloa. Eles contáronnos, nesa ocasión, as súas vivencias con testemuñas directas do inicio, desenrolo e crecemento da economía marítima”.

López Villar engadiu que “dende a Concellaría do Mar non podíamos deixar pasar esta oportunidade, quedando todo gravado solo nunhas cintas de casset, xa que a experiencia gustou a todo o publico en xeral, abrindo un abanico a novos recordos. Foi cando nos puxemos a traballar en conseguir unha subvención na que puidéramos plasmar en material impreso e audiovisual, recordos que están aletargados na memoria colectiva, e que vinculan ao Concello de Burela co mar”. A concelleira do Mar seguiu a relatar que “buscamos documentación en arquivos, museos, bibliotecas… e sobre todo, o mais importante, en entrevistas con mariñeiros, armadores, empresas relacionadas co mundo do mar…. Datos históricos de cousas que non aparecen mais ca na memoria dos propios protagonistas: recuperando e recopilando as vivencias da xente que dedicou toda a súa vida a pesca. Agora esa exposición fotográfica, actualmente ubicada no peirao, xa ten texto. E as novas xeracións poderan coñecer de primeira man, a historia do seu pobo e de cómo se foron creando empresas e oficios grazas ao motor económico de Burela, que é o mar”.

Alfredo Llano agradece “a todos os colaboradores que participaron no proxecto e recorda que aínda que o acto de presentación contou con 400 persoas, moitos destes colaboradores non puideron asistir. A eles, e a todas as persoas relacionadas co mundo do mar gárdaselles un exemplar que poden pasar a buscar polo Concello”.

Exit mobile version