Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo convencido de que a xustiza corroborará o seu proceder no saneamento de Espiñerido.

Nota de prensa

O alcalde e funcionarios municipais foron citados polo Xulgado de Viveiro para declarar en relación co proxecto de saneamento de Espiñerido

ALFONSO VILLARES: “QUE TODAS AS VECES QUE TEÑA QUE ACUDIR AO XULGADO QUE SEXA POR DEFENDER O PÚBLICO”

É a primeira vez que teñen oportunidade de acudir á Xustiza para explicar o proceder do concello para defender a titularidade dun camiño público avalada pola sinatura da práctica totalidade dos veciños.

Cervo, 19 de maio de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares amosouse convencido de que a Xustiza corroborará o correcto proceder do Concello de Cervo no tocante á problemática xurdida polas obras de construción da nova rede de saneamento na parroquia de Espiñerido.

O Concello de Cervo, co aval da práctica totalidade dos veciños, defende que un dos terreos polo que deben pasar as novas tubaxes é un camiño de titularidade pública, mentres que un particular nega este extremo e presentou unha denuncia con este obxecto no xulgado de Mondoñedo, que agora cita a declarar ao alcalde e a varios funcionarios municipais.

“Que todas as veces que teña que acudir ao xulgado sexa por defender o que é público”-indicou o rexedor, confirmando a “tranquilidade do Equipo de Goberno e dos funcionarios municipais que por primeira vez terán a oportunidade de explicar ao xuíz esta cuestión e esclarecer os feitos”.

O alcalde lembrou que contra a lexítimas aspiracións dun particular está sempre os intereses xerais, os do conxunto dos veciños de Espiñeirido, e insistiu na oportunidade de levar adiante esta obra que suporá a dotación dun servizo público de interese básico ás vivendas deste burgo do rural.

Ao equipo de Goberno parécelle moi lexítimo que o BNG decida defender a única persoa que mantén que este é un camiño particular e lamenta que non se poña ao carón do 99% dos veciños de Espiñerido que avalaron coa súa sinatura a titularidade pública do mesmo que defendeu, e seguirá a defender o Concello de Cervo..

Exit mobile version