Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo recibe ao C.D. San Cibrao por seren campións provinciais xuvenís

Nota de prensa:
Cervo, 17 de maio de 2008.- Os integrantes do equipo de fútbol xuvenil do C.D. San Ciprián foron recibidos este mediodía no salón de actos da Casa Consistorial de Cervo polo alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Deportes, Rubén Fernández. O acto tiña por obxecto homenaxear a estes rapaces e ao seu cadro técnico e directivo que recentemente se teñen proclamado campións provinciais desta categoría.

O cadro mariñán, afronta o vindeiro 21 de maio a primeira eliminatoria da fase de ascenso á liga Galega Xuvenil contra o CD San Marcos, de Santiago

Exit mobile version