Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz di que uns dedícanse a propaganda e outros estamos 24 horas pendentes dos veciños

Nota de prensa

O Alcalde de Foz manifesta que o máis grande que pode ter un político é cumplir co seu pobo e dicir sempre a verdade. E o Alcalde de este Pobo fixo o que tiña que facer para sacar adiante a nosa Residencia – Asilo de Ancianos e, por iso, conxuntamente co presidente da Deputación, fomos capaces de cumplir o que prometemos. Nestes momentos estamos en condicións de asegurar que, por unha banda, o Cura Párroco de Foz ten unha comunicación da Deputación Provincial onde se lle concede á Residencia-Asilo unha subvención de 5.000€ para obras de urxencia e, por outro lado, o

Alcalde do Concello ten rexistrado no Concello un Convenio onde a Deputación concede 35.000€ para que a Residencia-Asilo siga funcionando normalmente.

Nos próximos días chamaremos ao responsable do Patronato do Asilo para asinar o convenio e ingresar nas contas de dito patronato os 35.000€ que lles corresponden.

O Alcalde di que hai persoas que se dedican á propaganda e outros coma min que dedico as 24 horas do día a estar pendente dos meus veciños e veciñas.

Estou satisfeito porque cando se trata de temas como o que nos ocupa, que se resolvan ben é importante para todos/as.

Exit mobile version