Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz explicalle á delegada provincial que a Xunta reduciulle ao concello 30 traballadores

Nota de prensa:
O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, maniféstalle á Delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Dª Raquel Arias, que non confunda á cidadanía, contando mentiras que non se corresponden coa realidade, este Alcalde manifestou que a Xunta de Galicia, do Sr. Feijóo e da Srª Raque Arias, con respecto ao ano 2008, último goberno do bipartido, reducíronlle ao Concello de Foz no Plan de Cooperación, nada máis e nada menos que 30 traballadores, pois no ano 2008 o Concello de Foz recibeu subvención da Xunta de Galicia para contratar 48 traballadores que se desglosan no seguinte:

– Peón limpeza praias, 13 traballadores. 3 meses.

– Salvamento e socorrismo en praias. 15 socorristas. 3 meses.

– Limpeza viaria, 11 peóns. 3 meses.

– Rede natura, 2 peóns. 9 meses.

– 1 Técnico de Medio Ambiente. 12 meses.

– 1 Técnico de Xuventude. 12 meses.

– 1 Mestre para discapacitados. 12 meses.

– 1 Electricista. 12 meses.

– 1 Licenciado en Historia. 12 meses.

– 1 Pintor. 8 meses.

– 1 Auxiliar Administrativo. 12 meses.

Total 48 traballadores, diñeiro subvencionado 219.126,24 €.

Agora Srª Delegada vamos a comparar os datos expostos anteriormente có que Vd. concede ao Concello de Foz, para este ano 2011, menudo retroceso e en tempos difíciles de paro, e a maiores este diñeiro ven do Fondo Social Europeo, o subvencionado por Vd. é o seguinte, mellor dito pola Xunta de Galicia:

11 Socorristas. 3 meses.
1 Peón para limpeza de praias. 3 meses.
1 Peón servizo limpeza viaria. 9 meses.
3 Auxiliares de clínica. 3 meses.
1 Técnico de Turismo. 12 meses.
1 Técnico de Medio Ambiente. 12 meses.

Total 18 traballadores, diñeiro subvencionado 67.659,81 €.

Enviamos aos medios de comunición escritos as copias das concesións feitas no 2008, pois das enviadas recentemente do ano 2011, xa ten copia os medio de comunicación.

Polo exposto este Alcalde solicítalle á Delegada Territorial da Xunta de Galicia, as des

Exit mobile version