Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz e o equipo de goberno “está completamente satisfeito” por acadar 8 bandeiras azuis

Nota de prensa

O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, e o seu equipo de goberno están completamente satisfeitos pola concesión ao Concello de Foz de 8 galardóns de Bandeira Azul da Unión Europea, 7 ás nosas praias de: Rapadoira, Llas, Peizás, Arealonga, Polas, Xuntos e Areoura, e a maiores un galardón para o paseo da Ruta das Praias de Foz, é decir de Porto de Foz a Areoura.

Según o Alcalde na historia do noso Concello se conseguiron tales rexistros para os nosos arenais e para os paseos, esto é moi importante debido a que as publicacións da Unión Europea, en todos os mapas que son distribuidos mundialmente, nun lugar denominado a Mariña de Lugo encontrarán a un municipio chamado Foz e donde estarán as mellores praias do litoral do noso Cantábrico, e a maiores estarán rodeadas de sendas e paseos marítimos para uso e disfrute de todos os cidadáns, incluidos aqueles que teñen disminucións físicas.

O Alcalde do Concello de Foz espera que se siga traballando na mesma línea e si cabe máis para aumentar o prestixio que neste momento ten o noso Concello a nivel europeo no tema que nos ocupa, e a maiores recomenda unha atención especial, así como un coidado esmerado a todas as praias, calas, rochas e paseos marítimos do noso municipio.

Exit mobile version