Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que o tren galego ao que anima o PP e o do destrución de emprego

Nota de prensa

Veiga denuncia que o tren galego ao que anima o PP e o do destrucción de emprego.

O BNG afirma que 5000 desempregados son insostíbeis na Mariña.

O Bloque Nacionalista Galego denunciou os dados de emprego rexistrado na Mariña que xa se achegan as 5000 persoas algo que está a ser acompañado por unha banda nun aumento da emigración de mozos da Comarca a núcleos urbanos pero tamén fora de Galiza así como un descenso importante da poboación inmigrante ocupada algunha da cal volveu ao seu país de orixe.

Segundo indicou Veiga “ o aumento do desemprego e o que máis grave aínda, a aceleración do ritmo de destrucción do mesmo no último ano, cunha tendencia non só a que esta situación se estanque senón que sega a aumentar nos próximos meses é a proba manifesta do fracaso das políticas económicas do Estado e da Xunta pero tamén da falta de vontade política dos propios Concellos para facer fronte a esta situación. As políticas de austeridade que están a aplicar o Estado e a Xunta, convertéronse nunha auténtica máquina de destruír emprego, non deixando de ser curioso neste caso, a posición e as receitas de Feijoo, que despois de anunciar na campaña das autonómicas que ía rematar co desemprego de en tres meses agora converteu a Galiza no campión do paro. Xa sabemos cal é o tren galego ao que anima o PP a que nos sumemos a do destrucción de emprego”.

O Portavoz Comarcal do BNG que considerou insostíbeis os dados de desemprego na Comarca, máis aínda se atendemos ao minguado da nosa poboación activa, denunciou “ a falta de sensibilidade social das administracións para facer fronte a este problema, posto que detrás de cada parado hai un drama persoal, así como ausencia de compromisos por parte do sector público para incentivar a economía. Agora supoñemos que ninguén dubidará que tras a reforma laboral non había ningunha solución para este tema, na contra o único motivo que había para levala adiante era abaratar o despido. Isto é o aumento do paro é proporcional as facilidades que se determinen para o despido. Sen emprego estábel e salarios dignos non fai futuro para Comarca, porque tampouco é posíbel incentivar o consumo”, afirmou Veiga quen anunciou que son os desempregados e os que están a sufrir a crise quen ocupan o lugar central na axenda e tamén na proposta política dos nacionalistas.

Antonio Veiga quen indicou que estas elección son o momento de levar as urnas o rexeitamento social e a protesta contra das políticas económicas do PSOE e do PP ao par que afirmou que “só o BNG ten como prioridade crear emprego e o que aínda máis importante só o BNG lle está a explicar aos veciños da Mariña como crear emprego. Neste sentido o noso compromiso é co aumento do gasto social posto que non estamos dispostos a consentir que veciños e veciñas nosos pasen a unha situación de indixencia. Pero a par que amortiguamos as consecuencias da crise, posto que existe un risco real de exclusión social, pensamos que hai un nicho importante para crear emprego ligado a economía do benestar. Pensade que naqueles países coas taxas de paro máis baixo de Europa, o 22% ocupase en empregos vinculados a esta actividade, por iso nos programas do BNG na Mariña recollemos a creación centros residencias e centros de día. Só a Residencia de Viveiro criou 80 empregos, non estamos inventando algo novo, simplemente hai que ter a vontade política para executar estas actuacións”.

Na mesma liña o Portavoz nacionalista volveu a insistir na necesidade de apoiar a autónomos e pemes, posto que son estes centros de traballo o que máis poboación ocupan e nese sentido reivindicou “ a posta en funcionamento dun Instituto de Crédito Comarcal que garantan liquidez aos autónomos, posto que os problemas de tesourería está a poñer en risco centos de negocio, Instituto de Crédito que se debe financiar con fondos que proveñan das obras sociais das caixas e tamén dos fondos capital-risco. Ë de auténtica vergoña que un sector financeiro que está a ser salvado con diñeiro público condene ao feche a negocios e empresas”.

Exit mobile version