Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Alfoz di que en parroquias que están no proceso de concentración parcelaria veciños pagan do seu peto arranxo de fincas

Nota de prensa

“VECIÑOS DO PEREIRO E OIRAS ESTÁN PAGANDO O ARRANXO DE FINCAS DO SEU BOLSILLO”

Dende o Bng de Alfoz queremos denunciar a situación que se está a dar nas parroquias do Pereiro e Oiras. Parroquias que están no proceso de concentración parcelaria.

A realización das pistas e fincas de concentración e obriga da Xunta, tal e como aparece na lei de concentración parcelaria de Galicia, a Xunta debe entregarlles as fincas os propietarios nun estado cultivable para que poidan dispoñer das mesmas para o uso que habitualmente se lle dan as terras con fins agro-gandeiros.

Sin embargo neste caso o que se fixo foi indicarlles ós veciños cales eran as zoas que ocuparían os seus novos terreos e as súas delimitacións, comunicouselles que podían dispor dos mesmos, pero non se realizaron as obras para facerlles as fincas como é o seu deber.

As consecuencias son que os veciños das citadas parroquias están a pagar do seu bolsillo o arranxo das fincas de concentración, gastando en moitos casos cantidades entre 12.000 e 18.000 euros, cando sería a Xunta quen debería facer eses traballos e acondicionarlles os terreos.

Algo verdadeiramente sangrante, que unhas obras que fai a Xunta para mellorar a situación da xente que vive do sector agrogandeiro finalmente supoñan todo o contrario, e esas familias nunca situación económica como a actual teñan que desembolsar cantidades tan importantes para continuar coa súa actividade con normalidade.

“Culpamos o alcalde de que os veciños do Pereiro e Oiras teñan que gastar o seu diñeiro para obras que tería que pagar a Xunta, e ningún momento se molestou nin tan sequera en denunciar a situación e defender os intereses dos veciños que é para o que cobra”

Non hai veciño do Pereiro o Oiras que non gastara diñeiro do seu peto para pagar obras que eles non terían que facer, pero en ningún momento se fixo nada dende a alcaldía para defender os intereses dos veciños.

Unha vez máis o alcalde nos amosa que ainda sendo o máis caro da historia de Alfoz é o que menos traballa pola defensa dos interese dos veciños.

Exit mobile version