Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros inicia as campaña nas parroquias convidando “a sumarse ao movemento polo cambio”

Nota de prensa:
OS NACIONALISTAS DE BARREIROS INICIAN OS SEUS ACTOS POLAS PARROQUIAS, CONVIDANDO A ÉSTAS A SUMARSE AO MOVEMENTO POLO CAMBIO EN BARREIROS QUE LIDERA O BNG.

Barreiros, 6 de maio de 2011. Os nacionalistas de Barreiros inician os seus actos polas parroquias, convidando a éstas a sumarse ao movemento polo cambio no concello. O BNG realizará en catro anos un plan de actuación na rede viaria local para deixala en bon estado despois de tanto tempo de abandono. O Bloque Nacionalista Galego cree que o cambio en Barreiros non só é necesario, senón que tamén é posible.

A Asamblea Local do BNG de Barreiros vén de anunciar os diversos actos cos que percorrerán as parroquias do concello nos vindeiros días para explicar aos veciños e veciñas as iniciativas que levarán a cabo desde o goberno de Barreiros. Os nacionalistas recalcan que “as parroquias están totalmente esquecidas polo goberno local do PP. O PP non fixo nada en todos estes anos para dotalas de saneamento, por exemplo e tamén está totalmente esquecida a rede viaria local, e especialmente abandonados e impracticables os camiños de monte e as pistas forestais”. Desde o BNG engaden que “o Goberno da Xunta tamén tén esquecido a Barreiros, pois desde que o BNG deixou a Consellería de Medio Rural, Barreiros non volveu a recibir nin un só céntimo para o arranxo de pistas”.

O Bloque Nacionalista Galego, desde o goberno municipal de Barreiros, afrontará de inmediato esta difícil situación da rede viaria local, elaborando para iso un plan de intervención na mesma, para que en catro anos se poida rexenerar o extenso entramado de pistas e camiños de que dispón o concello. Para os nacionalistas é preciso elaborar previamente un estudo pormenorizado da situación de cada un dos viais para intervir neles gradualmente, en función das urxencias e necesidades de cada un deles.

Algo que desde o BNG consideran necesario e imprescindible é o mantemento en bon estado das cunetas e marxes das pistas, e para iso reorganizarán a plantilla de persoal de obras para que actúen como unha auténtica brigada de obras servindo de complemento á maquinaria que se utilice para o arranxo das pistas, durante todo o ano e non só en época electoral como viña facendo o PP.

Dado o elevado custo que vai supoñer deixar en bon estado as pistas, despois de tanto tempo abandonadas, o BNG fará unha planificación plurianual nos orzamentos para realizar estas obras en catro anos, demandando doutras administracións tamén a aportación económica para este plan.

Os días, lugares e horas dos actos serán os seguintes:

Mércores 11 de maio ás 9 da noite no Teleclube de A Rilleira.

Xoves 12 de maio ás 9 da noite en Gondán.

Luns 16 de maio ás 9 da noite nos colexios vellos de San Miguel.

Venres 20 de maio ás 9 da noite nas escolas de Celeiro de Mariñaos, donde se celebrará unha festa-mítin de peche de campaña.

Os candidatos e candidatas do BNG de Barreiros visitarán tamén aos veciños porta a porta, para darlles a coñecer de primeira man as propostas coas que gobernarán o Concello nos vindeiros catro anos.

Mitín central en Barreiros

Por outra banda, o xoves 19 de maio será o mítin central no Centro Sociocultural de San Cosme.

Exit mobile version