Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo recuperará o sistema de préstamo de libros de texto como medida anti crise

Nota de prensa:
O BNG RECUPERARÁ O SISTEMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS QUE XA FUNCIONOU DURANTE ANOS EN CERVO QUE AGORA É MAIS NECESARIO QUE NUNCA COMO MEDIDA ANTI CRISE

Estúa asegura que esta proposta xa fora promovida polo BNG no ano 1999 e funcionou con eficacia sen supoñer un custo excesivo para as arcas municipais

Incrementarán as axudas a ANPAS e traballarán para que o comedor escolar do colexio de Galdín sexa de xestión autonómica

Cervo, 11 de maio de 2011. O BNG de Cervo recuperará o sistema de préstamo de libros para os escolares matriculados nos centros de ensino de primaria e secundaria de Cervo como medida anticrise e aliviar as economías familiares dos que menos teñen. Os nacionalistas aseguran que este sistema xa funcionou durante anos en Cervo con eficacia dende que o BNG o promovera no ano 1999 e permitiu o alivio de moitas economías familiares se supoñer un custe excesivo para as arcas municipais. Estúa asegurou que teñen previsto incrementar as axudas a ANPAS e traballar para que o comedor escolar de Galdín sexa de xestión autonómica xa que os custes actuais non poden ser asumidos por moitas familias.

A recuperación dos sistema de préstamo de libros e unha medida anticrise.

O sistema de préstasmo de libros funcionou durante anos a partir dunha proposta nacionalista que o PP tivo que asumir por estar nun goberno en minoría entre 1999 e 2003. Inxustificadamente e cando a mecánica funcionaba á perfección o mesmo PP que tratou durante anos de apropiarse desta iniciativa, retirouna xusto no momento que mais se precisa para aliviar moitas economías familiares e evitar discriminacións no acceso ao ensino público. Xoán Antón Estúa, candidato á nacionalista á alcaldía, sinalou que “o BNG recuperará este sistema porqué é mais necesario que nunca e forma parte do paquete de medidas anticrise que o BNG leva no seu programa electoral”. Estúa insistiu en que “coa recuperación deste sistema Cervo volverá situarse na vangarda no acceso igualitario e sen discriminacións ao ensino público”

O comedor de Galdín con 60 euros de custe non é asumíbel para moitas familias e corresponde á Xunta xestionalo por ter moito do seu alumnado desprazado.

60 euros por alumno ou alumna ao mes é un prezo moi difícil de asumir para moitas familias, moito mais se teñen varios fillos matriculados. A ANPA deste centro, que o xestiona, a pesar de recibir axudas públicas ten dificultades para xestionalo polo excesivo custe do servizo. Estúa valorou que “tendo en conta a porcentaxe de alumnado que acode a este centro desprazado, teñen dereito a que este comedor teña unha xestión pública da Consellaría de Educación polo que isto é o que demandaremos de inmediato na seguinte corporación municipal.”. “De lograr este obxectivo o concello aforraría 16.000 euros de subvención destinados a financiar o comedor de Galdín que serían destinados a outros fins educativos”, asegurou o portavoz nacionalista.

Incrementaranse as axudas a ANPAS e colexios que neste momento suman 7.500 euros e recuperarase a actividade do Consello Municipal do Ensino.

Os nacionalistas levan no seu programa incrementar as axudas a ANPAS e colexios para permitir a organización de actividades extra escolares, a axuda anual actual é irrisoria e si se compara co gasto en propaganda e auto bombo do alcalde.

Outra das medidas que o BNG tomaría de inmediato sería “a recuperación das actividades e reunións do Consello Municipal do Ensino”, anulado polo actual goberno municipal dende o conflito do Colexio Rivera Casas. “Este órgano non se reúne dende fai anos e a pesar do seu caracter consultivo, aglutina ao todo o sector educativo e ten a entidade e forza suficiente para tomar decisións que deberían ser tidas en conta polas administracións, xa sexa a local ou a autonómica”, rematou Estúa.

Exit mobile version