Nota de prensa
O BNG DE FOZ DENUNCIA A LENTITUDE DAS OBRAS DA PONTE DE CABANA EN NOIS
Basanta afirma “que o retraso na obras están creando moitos prexuizos aos veciños sen necesidade”
Este inxustificado atraso está a provocar, segundo opinión dos veciños de Nois, moitos prexuízos e provocando trastornos na vida diaria dos mesmos, posto que teñen que rodear a parroquia en máis de dous quilómetros para pasar dun lado a outro. Actividades diarias como ir á fonte, á igrexa, ao bar, á farmacia ou ao ultramarinos é para os veciños e veciñas de Nois neste momento unha odisea ao mesmo tempo que provoca moitas perdas aos negocios da parroquia. Mesmo é un perigo cruzar a ponte en obras por non ter habilitado un paso para peóns ao lado da mesma..
Por este motivo, o BNG esíxelle ao goberno municipal que poña cartas no asunto se realmente lle importa solucionar os problemas dos veciños de Nois e lle mande á empresa contratada, a axilización das obras para non ter que sufrir durante tanto tempo todos estes inconvenientes posto que hai máis de dous meses que hai estes problemas.