Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Trabada insta ao alcalde a que solucione os problemas

Nota de prensa:
Os nacionalistas afirman que Ginzo non é a persoa máis axeitada para falar de legalidade.

O BNG de Trabada insta ao Alcalde a que solucione problemas e non a crear follóns

O Bloque nacionalista Galego saíu ao paso das declaración do Alcalde de Trabada onde afirmaba que ía volver a denunciar a Xunta Electoral o incumprimento da resolución da mesma na que se obrigaba a proceder a retirar propaganda, resolución que desde o BNG executamos na máis ser recibida.

A candidata nacionalista, María Xosé Fernández, afirmou que “o Sr. Ginzo, non parece a persoa mais axeitada para dar leccións de legalidade á vista da súa situación procesual e aínda menos que se erixa en xuíz e parte nun proceso legal, tamén tendo en conta, que ese mesmo rigor que agora demanda non se corresponde, tamén a vista da súa situación procesual, na xestión municipal. Que se entere nos damos o tema por fechado e que non conte con nos o Sr. Ginzo para embarrar a campaña, crispar e dividir aos veciños”.

Os nacionalistas non imos entrar ao xogo do candidato popular que pretende desviar a atención sobre os problemas reais dos veciños e agochar os incumprimentos reiterados e a súa incapacidade de xestión. “ Sería bo que os populares se tomaran unha tila e na contra de agredir ás outras forzas políticas, se puxesen man a obra a darlle solución aos problemas dos veciños, empezando pola execución das obras que aínda están pendentes das últimas riadas que provocaron importantes problemas no Concello e que a día de hoxe seguen sen arranxar. Esa é a eficacia e a capacidade de xestión do actual Goberno así que lle recomendamos menos lareteo e máis traballo” afirmou María Xosé Fernández.

“Que vai sabendo o Sr. Ginzo que Trabada non é a súa propiedade particular, que Trabada é propiedade do conxunto dos veciños do Concello” afirmou Fernández que criticou “ a visión patrimonialista que teñen do Concello os populares e a incapacidade que teñen para entender a democracia, posto que democracia e liberdade de escoller entre as diferentes opcións políticas e semella que aos populares de Trabada lle preocupa que os veciños do Concello pidan elixir libremente”.

Exit mobile version