Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Xove finalizou hoxe a súa campaña “porta a porta” tras percorrer todas as parroquias do Concello

Nota de prensa:
O BNG finalizou hoxe a súa campaña “porta a porta” tras percorrer todas as parroquias do Concello de Xove

Varios membros da candidatura do BNG de Xove, encabezados polo candidato á alcaldía Marco López, percorreron durante a campaña electoral todos os domicilios do concello “porta a porta” co obxectivo de levarlle en man aos veciños o programa electoral que recolle o seu programa de goberno.

No eido da ordenación territorial e a vivenda, os nacionalistas anunciaron a súa intención de negociar coa Deputación de Lugo un Plan de Infraestruturas para a construción dunha estrada que vertebre o concello de norte a sur, desde Monte ata as parroquias costeiras.

Tamén neste campo, no da ordenación territorial, o BNG propuxo a creación de solo reservado para vivenda protexida, axudas á rehabilitación, a recuperación de núcleos rurais e a reserva de vivenda para os menores de 35 anos.

Finalmente Marco López, candidato do Bloque á alcaldía de Xove, incidiu na necesidade de crear “portos secos” nos que amontoar a madeira pinchada dos montes á espera dos camións que a trasladen “co obxectivo de evitar a peligrosidade dos montóns de troncos amoreados á beira da estrada”, indicou.

Exit mobile version