Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que o Sergas agocha con propaganda a falta de compromiso coa sanidade na Mariña

NOTA DE PRENSA

Veiga denuncia que o Sergas agocha con propaganda a falta de compromiso coa sanidade na Mariña

O BNG alerta de que o XXV aniversario do Hospital

semella máis as vésperas do seu enterro.

O Bloque Nacionalista Galego solicita da Conselleira de Sanidade, que aproveite a súa visita a Burela, para aclarar o futuro do Hospital da Costa e nomeadamente que explique os servicios que deixará de prestar o mesmo unha vez que se consume a posta en marcha da Xerencia Única da Área de Xestión Integrada, os problemas de espacio do Hospital e as limitacións para prestar determinados servicios así como as medidas que ten previsto poñer en marcha o seu departamento diante das listas de espera do Hospital, como recoñeceu o SERGAS en datas recentes, todo un record na sanidade pública en Galiza.

“Agardamos que os actos do XXV aniversario do Hospital da Costa non se corveta nas vésperas do seu enterro” afirmou hoxe Antonio Veiga quen recordou que “como é sabido a Xunta de Galiza está a esperar a que se celebren as eleccións municipais para poñer en marcha a Xerencia Única da Área de Xestión Integrada de Lugo, algo que a mesma Consellaría recoñeceu en sede Parlamentaria ao afirmar que a mesma entraría en vigor no segundo semestre de 2011. Non imos volver a explicar o que significa para a Comarca a posta en funcionamento da mesma, posto que é algo que sabemos ben os veciños da Mariña e contra a que nos manifestamos de xeito masivo fai un ano, agora ben que teñan claro os responsábeis da Xunta e os representantes do PP na Mariña que non imos permitir que convertan ao Hospital da Costa nunha mera sucursal do Hospital de Lugo. En definitiva as xentes da Mariña non estamos dispostos a volver trinta anos atrás na prestación médica na Comarca tal como acontecería no caso de que a proposta de Area de Xestión fora adiante”.

O Responsábel Comarcal do BNG denunciou “a absoluta desconsideración e a falla total de compromiso da Xunta de Galiza co Hospital da Costa, un Hospital que foi o resultado das grandes loitas que se deron na Mariña a finais dos setenta e principios dos oitenta, Hospital da Costa a quen o Goberno de Feijoo lle anulou tras chegar posteriormente o Goberno o seu Plano director, opoñéndose punto seguido a súa ampliación. Abonda mirar os Orzamentos da Xunta para cuantificar ese compromiso, un compromiso de miseria, que non só afecta, as dotacións e infraestructuras prometidas na propia campaña senón que ten o seu correlato na falta de medios humanos, baixo a escusa de que non hai facultativos dispoñíbeis, e que trouxo consigo a precariedade de especialistas e que mesmo ao longo deste ano e do ano pasado houbese especialidades que durante períodos máis ou menos amplo non estivesen cubertas”.

Os nacionalistas quixeron referise aos dados sobre as listas de espera que fixo públicas o SERGAS que sitúan ao Hospital da Costa á cabeza das mesmas nas listas de agarda, ás que definiron como “unha autentica vergoña da que a Conselleira e a actual equipa directiva do Hospital deben responder. A Xerencia do Hospital pretende agochar a súa ineficacia e a súa falla de compromiso cos doentes da Mariña aos que somete a estas listas de espera de escándalo con triunfalismo e propaganda. Mesmamente estas cifras danse á par que está aumentar de xeito considerábel o que se dá en chamar peonadas, tal como recoñecía o propio Xerente, e nun momento no que se está derivar como nunca á privada, doentes da Comarca. É máis estes números que evidentemente están maquelados, até o punto de que os tempos de espera tanto en consultas como en ciruxia son maiores, evidencian a falta de compromiso desta equipa directiva coa sanidade pública e responden a un interese deliberado por parte da mesma por deteriorar a sanidade na Costa e favorecer o negocio das clínicas privadas”.

Exit mobile version