Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF foi batido na cancha do Atlético de Madrid Navalcarnero por 6-4

Nota de prensa:

*O marcador non acompaña as burelás no intenso encontro de Navalcarnero (6-4) *

O marcador non acompañou hoxe as burelás nun intenso encontro en Navalcarnero
cheo de goles (6-4). Este resultado deixa a laranxas e madrileñas empatadas a 54
puntos, na loita pola terceira praza.

As ocasións e alternativas sucedéronse por ambos os lados nunha cita na que o
estado esvaradío da pista condicionou o xogo nun ir e vir constante, sen
excesiva presión. O Atlético de Madrid Navalcarnero buscou desequilibrar a
escuadra de Javier Pardeiro con tantos temperáns (minutos 3 e 5). No entanto, o
Burela FS Pescados Rubén mantivo a temperanza; Dolo reduciu as distancias no
minuto 8, pero segundos despois Anita Luján subiu o 3-1. Vanessa aproveitou unha
perda de balón enseguida para manter as laranxas no encontro (minuto 9).

No segundo período, o Atlético volveu ver a portería de Jozi (minuto 22) nas
zapatillas de Anita Luján por segunda vez. A falta de 12 minutos para o final,
Pardeiro optou polo xogo de cinco e o primeiro resultado chegou de Vanessa (29),
nun contraataque.  Non obstante, o segundo resultado non foi positivo para os
intereses mariñáns; Leticia anotou o 5-3 (32)dende propia pista, a porta
baleira. Na súa tentativa da remontada, volveu aparecer Vanessa para
materializar o hat trick (37), pero as locais sentenciaron co 6-4, nos pés de
Natalia, a escasos segundos para o asubío final.

FICHA

Partido perteneciente a la 28ª jornada de la temporada 2010/2011.
Atlético de Madrid Navalcarnero
16 Victorias | 6 Empates | 6 Derrotas
Puntos acumulados: 54 6
CD Burela FSF
16 Victorias | 6 Empates | 6 Derrotas
Puntos acumulados: 54 4
Cancha de juego: Pabellón La Estación
Fecha: Domingo, 15 de Mayo de 2011

Atlético de Madrid Navalcarnero
3
Sofía Rodrigues Vieira
Sofi
4
Sara Iturriaga Pérez
Iturriaga
13
Isabel Izquierdo Castro
Isa
14
Ana Sevilla Luján
Anita Luján
16
Leticia Sánchez Martín
Leti
5
Marisol Ferrer Martín
Marisol
8
Elena Martínez Medina
Elena
9
Priscila Farias de Oliveira
Priscila
10
Natalia Flores Sanz
Natalia
Entrenador:

CD Burela FSF
7
Rosana Carballés Fernández
Ro
10
Claudia Rodríguez Teijeiro
Claudia
13
Joziane de Oliveira
Jozi
15
Lucía Nespereira Gómez
Lucía
77
Vanessa Cristina Pereira
Vanessa
4
Lidia María Mesías Espiñeira
Lidia
11
Milena Gasparini Ribeiro
Milena
14
Dolores Sánchez García
Dolo
Entrenador:
1 – 0 Min. 3 | Sofi

2 – 0 Min. 5 | Iturriaga

2 – 1 Min. 8 | Dolo

3 – 1 Min. 8 | Anita Luján

3 – 2 Min. 9 | Vanessa

Tarjeta amarilla Min. 11 | Leti

4 – 2 Min. 22 | Anita Luján

4 – 3 Min. 29 | Vanessa

5 – 3 Min. 32 | Leti

Tarjeta amarilla Min. 32 | Elena

5 – 4 Min. 37 | Vanessa

6 – 4 Min. 39 | Natalia

Exit mobile version