Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS logrou unha importante vitoria na pista do Colegios Arenas Gáldar (3-4)

Nota de prensa

O BURELA FS MEDRA ANTE O GÁLDAR (3-4)

O Burela FS logrou unha importante vitoria na pista do Colegios Arenas Gáldar (3-4) na penúltima xornada de Prata, que lle permite asentarse na sexta praza e aspirar a algunha posición mellor cara aos play offs.

O encontro comezou con dous equpos que saíron con intensidade e conscientes do que había en xogo, co billete para a fase de ascenso xa nas súas mans pero con incerteza nas prazas finais.

Os mariñáns adiantáronse no marcador cun tanto de Ique (minuto 11), aínda que pouco despois Aitor (15) estableceu a igualada. Cando todo apuntaba a que se chegaría ao descanso con empate, de novo Ique apareceu para avantaxar os laranxas (19).

O Burela FS saíu moi ben na segunda parte, con moita intensidade e con control do xogo. Así, os mariñáns crearon ocasións de gol e axiña tiveron o premio merecido. O 1-3 chegou das zapatillas de Esteller, no minuto 26. Os canarios reaccionaron con Minhoca con porteiro-xogador, pero os laranxas volveron avantaxar nunha nova tentativa de Ique (31), que bateu no local Aitor. Nos últimos minutos, o Gáldar puido recortar distancias ata o 3-4, sen opción ao empate.

FICHA

Partido pertencente á 37ª xornada da tempada 2010/2011.

Colegios Arenas Gáldar
17 Vitorias | 8 Empates | 10 Derrotas
Puntos acumulados: 59     3
CD Burela FS
15 Vitorias | 12 Empates | 8 Derrotas
Puntos acumulados: 57     4
Cancha de xogo: Juan Vega Mateos
Data: Sábado, 30 de Abril de 2011
Hora de inicio: 22.00 horas

Alineacións

Colegios Arenas Gáldar
2
Glauber Dantas Cándido
Glauber
6
Saúl Jiménez Godoy
Saúl
10
Néstor Gómez García
Néstor
12
Óscar Desa Mallo
Óscar
14

Julio Delgado Pérez
Julio
———————————–
3
Jerry Macedo Galvao da Cruz
Jerry
5
Rodrigo Soares dos Santos
Minhoca
8
Aitor Camacho García
Aitor
9
Francisco Javier Prieto García
Lonchu
11
Adrián Moreno Díaz
Adrián
17
Goydo
Goydo
19
Imanol Chávez
Imanol
Adestrador:
Jesús Méndez Álamo

CD Burela FS
1
Eduardo Saavedra Cebreiro
Edu
3
André Luiz Nogueira Fernandes
André
5
Anderson de Almeida Gomes
Purao
6
Víctor Cachón Suazo
Víctor
7

Carlos Henrique Ribeiro
Ique
——————————————————-
8
Juan Manuel Marrube Rodríguez
Juanma
11
Christian Palmeiro Chao
Christian
20
Cleber Rafael Barbosa
Clebinho
21
Adriá Esteller Cortina
Adriá Esteller
Adestrador:
Jesús Rey González
O partido minuto a minuto
Tarxeta amarela     Min. 8     |   Christian

Gol     0 – 1 Min. 11     |   Ique

Gol     1 – 1 Min. 15     |   Aitor

Gol     1 – 2 Min. 19     |   Ique

Tarxeta amarela     Min. 22     |   Aitor

Gol     1 – 3 Min. 26     |   Adriá Esteller

Gol     1 – 4 Min. 31     |   Ique
p.p. Aitor
Gol     2 – 4 Min. 35     |   Néstor

Gol     3 – 4 Min. 37     |   Jerry

Exit mobile version