Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF despide a liga en Murcia

Nota de prensa

AS PUPILAS DE PARDEIRO DESPIDEN A LIGA EN MURCIA

As pupilas de Javier Pardeiro despedirán a liga en Murcia, este sábado, ante un rival que se xoga a permanencia na elite dende a décimo cuarta posición (25). O pavillón Infante Juan Manuel acollerá a trixésima xornada entre levantinas e mariñás a partir das 18.00 horas (horario unificado).

O Burela FS Pescados Rubén defenderá a terceira praza (55), a un só punto da cuarta, ostentada polo Atlético de Madrid Navalcarnero, que recibe o Lacturale Orvina (28) tamén loitando pola continuidade en Honra. A escuadra laranxa sairá a polo partido, sen enganos, pero tamén con especial coidado para que o cadro exerzan nas mellores condicións como anfitrión da Copa de España, a vindeira fin de semana.

No ecuador copeiro tamén pode haber oscilacións. O Cajasur Córdoba custodiará o sexto posto (50) na visita do sétimo, Queralt Gironella (47), e o sexto, Diamante-La Rioja (49), rematará ante o Soto del Real, duodécimo.

Natudelia.com Zaragoza e Valladolid FSF, empatados a 42 puntos, terán unha dura loita polo último billete para a Copa con rivais de altos voos. As mañas recibirán o campión ourensán e as castelano-leonesas enfrontaranse na casa ao Móstoles, segundo clasificado.

Exit mobile version