Site icon Crónica3.com A Mariña

O C. B. Xove gañou en Arzúa e o Celtas perdeu en Santiago


Foz/Xove (M.F.O) .- O C. B. Xove logrou en Arzúa unha importante vitoria, por 76 puntos a 58, para afastarse da zoa baixa da táboa. Os visitantes foron os claros dominadores durante todo o partido en gran medida a intensidade defensiva e o acerto anotador de Adrián. Con esta vitoria o Xove colócase noveno a tres partidos da zoa de descenso.
O Celtas-Primera Calidad xogou en Santiago a ida da eliminatoria polo posto 21º e 22º fronte o Compañía de María, onde perdeu por 73 puntos a 49. Os focense non puideron plantar cara os santiagueses debido as numerosas baixas e a falta de poder anotador que lastran durante toda a tempada.

Exit mobile version