NOTA DE PRENSA
O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, reuniu esta mañá de domingo nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro, a toda a Candidatura para as vindeiras Eleccións Municipais, na mesma ademais de realizar a foto de conxunto das candidatas e candidatos do BNG, Bernardo Fraga, Candidato á Alcaldía de Viveiro, ofreceu a seguinte intervención, para valorar o traballo realizado durante a precampaña, así como o compromiso de traballo durante a campaña:
En segundo lugar, queremos adquirir diante da sociedade de Viveiro, un compromiso de traballo e actuación durante a campaña electoral que comeza o vindeiro xoves, como mostra de que en Viveiro, outra forma de facer política é posible, e que a única forza capaz de facelo a día de hoxe, e tal e como están a demostrar as demais forzas, é BNG.
Este compromiso recolle os puntos fundamentais ao redor dos cales xirará a campaña do BNG de cara as eleccións municipais.
O BNG participará en todos os debates públicos entre os diferentes candidatos á Alcaldía aos que sexamos convidados. Acudiremos aos debates para falar de futuro e para presentar o noso programa político frente ao das demais forzas, en ningún momento entraremos na provocación e na disputa persoal, e non descalificaremos a ningún dos nosos contrincantes políticos.
O BNG realizará actos públicos en tódalas Parroquias do Concello, nás que ademais de presentarlle ás veciñas e veciños o noso programa político para a vindeira lexislatura, recolleremos as súas inquietudes e propostas de cara ao noso traballo futuro na corporación municipal.
O BNG falará de ti a ti con toda a cidadanía, empregando o discurso positivo e o convencemento a través das nosas propostas programáticas, en ningún caso recurriremos nin á imposición nin a presión.
No BNG non faremos falsas promesas, seremos realistas nas nosas propostas, e o que si que podemos prometer, é traballo a reo para mellorar o futuro de Viveiro.
O BNG non entrará con ningunha outra forza política, como xa podemos observar que comeza entre as principais forzas do Concello, e como desgraciadamente ven sendo habitual nos últimos oito anos, en debates dialécticos esteriles, que en nada benefician ás veciñas e veciños, e so crean crispación entre a cidadanía.
Por último, o BNG non empregará a falsidade nin levantará falsos testemuños sobre os nosos contrincantes políticos.
No BNG cremos que outro Viveiro é posible, e velaí o noso compromiso de traballo e actuación diante das veciñas e veciños, co compromiso firme, de que en Viveiro Hai Futuro.