Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato do PSOE de Foz , explicará na rua, nas parroquias, casa a casa, persoa a persoa, os proxectos que presenta

Nota de prensa

Foz 6/5/2011.- Inicio campaña electoral ás eleccións municipais do 22 de maio

Coa escoba de toda a vida e con cola, pero sobre todo, con forza e moitas ganas, arrancou onte a campaña electoral o PSdG- PSOE de Foz.

Esta noite arrancou unha campaña na que os socialistas traballaremos coa maior ilusión porque contamos co mellor equipo e o mellor proxecto de futuro para o pobo de Foz, un proxecto baseado nun gran compromiso: xerar dinamismo económico para crear mais emprego e garantir mais benestar e calidade de vida a todos os veciños e veciñas de Foz.

O candidato á Alcaldía, Pepe Rivera comenta, que agora toca o que mais lle gusta, explicar na rua, nas parroquias, casa a casa, persoa a persoa, os proxectos que presenta para lograr que Foz siga avanzando e sendo referente de futuro, traballando para todos e cada un dos veciños e veciñas.

Exit mobile version