Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Baloncesto Burela presenta unha memoria de actividades da tempada 2010 -2011

Nota de prensa

Clube Baloncesto Burela


MEMORIA DE ACTIVIDADES DA TEMPADA 2010-2011

Na presente tempada 2009-2010 o Clube Baloncesto Burela participou nas competicións con SEIS equipos ( 4 femininos, un masculino e un mixto) nas categorías que seguen:

JÚNIOR FEMENINO

Nesta categoría en base a un convenio de colaboración firmado co CB. Celtas de Foz, participamos nas competicións cun equipo formado por xogadoras dos dous clubes. Ao longo da temporada tivo 9 licenzas de xogadoras que adestraron as ordes de José Manuel Cobas Quiroga un total de 3 horas semanais nos pavillóns Vista Alegre de Burela e de Marzán en Foz. Participando na fase regular da competición zonal provincial de Lugo onde quedaron clasificadas en segunda posición.

CADETE FEMENINO

Este equipo ten un total de 15 licenzas, participou na fase previa a Liga Galega, e na fase zonal provincial, onde despois de facer unha brillante campaña quedou clasificado en segundo lugar provincial, disputando a final provincial ante o CB Sarria, quedando subcampionas provinciais.

Entrenou 4 horas semanais as ordes do adestrador José Manuel Rubal González.

INFANTIL FEMENINO

Este equipo ten un total de 12 licenzas, participou na fase previa a Liga Galega provincial de Lugo e na fase zonal da competición escolar, proclamándose subcampión da mesma, polo cal participou na fase final provincial acadando o cuarto posto.

Adestrou 4 horas semanais as ordes do adestrador Carlos Méndez Pena.

ALEVÍN FEMENINO.

Neste equipo temos un total de 15 licenzas, participou na fase zonal da competición escolar, acadando o quinto posto.

Adestra 3 horas semanais as ordes do adestrador Eulogio Ben López.

ALEVIN MASCULINO.

Neste equipo, temos 11 licenzas, adestran 3 horas semanais as ordes da adestrador Eulogio Ben e participan na fase zonal da competición escolar, quedando clasificadas en terceiro lugar.

BENXAMIN MIXTO

Este equipo ten un total de 13 licenzas, adestran 3 horas semanais as ordes da adestradora Laura Claro, participou na fase zonal da competición escolar quedando clasificadas en quinto lugar.

Tivemos ademais adestrando 6 xogadores infantis masculinos e 2 cadetes masculinos que non chegaron para facer un equipo, polo cal non participaron en competicións oficiais.

CONCLUSIÓNS

A pesar de que, deportivamente falando, non se acadaron campionatos provinciais, xa que nas tres últimas temporadas acadamos catro, tres júnior e un cadete. Ter en categoría femenina dous subcampionatos provinciais e un cuarto posto é motivo para estar orgullosos e sentir que no baloncesto femenino estamos en canto a participación e resultados entre os primeiros clubes provinciais e claramente os primeiros de A Mariña.

Pensamos que en base a convenios de colaboración con outros clubes de A Mariña é como se poderían acadar resultados para poder optar a ter equipos nas ligas galegas, e que A Mariña, en baloncesto femenino, acade o nivel das principias cidades galegas, éste é o noso reto.

Exit mobile version