Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello coloca aparatos de ximnasia nos núcleos de Cervo e San Ciprián

Nota de prensa

O CONCELLO INSTALA PARQUES BIOSAUDABLES EN CERVO E SAN CIPRIÁN

Son zonas adaptadas para o exercicio de persoas maiores e de mediana idade

En Cervo xa están instalados estes novos aparatos no Parque Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, e en San Ciprián colocaranse no lugar que ata fai uns días ocupaba o anterior parque infantil o vindeiro luns

Cervo, 13 de maio de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou hoxe que o Concello está instalando nestes días senllos parques biosaudables nos núcleos de Cervo e San Ciprián.

Estes parques consisten na habilitación de zonas adaptadas con diversos aparatos para o exercicio ximnástico de mantemento específico para maiores e persoas de mediana idade do concello. En Cervo xa están instalados nunha zona do parque Isaac Díaz Pardo – Luís Seoane que quedara prevista para esta finalidade na recente remodelación deste espazo público. Mentres, en San Ciprián, o lugar elixido polos responsables locais para albergar este parque biosaudable é o que estaba ocupado ata fai unhas semanas polo parque infantil (detrás a Casa do Mar). “Eliximos este espazo porque está próximo ao local da asociación de xubilados e tamén porque agora non o están a usar os pequenos, xa que trasladamos as zonas de lecer infantil e xuvenil á Praza dos Campos” indicou o rexedor, quen dixo que os aparatos colocaranse en San Ciprián o vindeiro luns.

Estes dous parques biosaudables se caracterizan pola súa variedade de exercicio, todos con instrucións de uso, como andador elíptico, prato de rotación, trotador, ou bicicleta estática. Segundo explicou Villares, estas zonas específicas para a práctica da ximnasia de mantemento para as persoas adultas era unha das demandas que ultimamente lles estaban a formular os veciños aos responsables municipais “e responden á necesidade de cubrir determinados aspectos de saúde dos nosos maiores, como a realización de actividades de mantemento e rehabilitación, a axuda da mellora física e ao seu benestar”.

Neses aparatos poderanse exercitar varias partes do corpo reportando así beneficios para a saúde: fortalecemento das funcións cardíacas e pulmonares, mobilidade de membros superiores e inferiores, relaxación da musculatura das costas, coordinación e equilibrio ou flexibilidade das articulacións.

Exit mobile version