Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Barreiros e a Xunta fan un convenio para arranxar varias estradas

Nota de prensa:
CONCELLO E MEDIO RURAL INVISTEN 200.000 EUROS NO ARRANXO DE VARIAS ESTRADAS EN BARREIROS. ALFONSO FUENTE CRITICA O ESTADO DE ABANDONO QUE PRESENTAN OS VIAIS DE TITULARIDADE PROVINCIAL.

Barreiros, 11 de maio de 2011. Concello e Consellería de Medio Rural invisten 200.000 euros no arranxo de varias estradas en Barreiros. O alcalde, Alfonso Fuente, critica o estado de abandono que presenta os viais de titularidade provincial.

O rexedor explicou que “no concello de Barreiros se está a continuar cos traballos de mellora de varias estradas. Xa hai uns días acababan as obras na carretera de acceso á parroquia de Ibia e da que vai pola zona da Caxiga e que remata na praia de San Bartolo. Hoxe empezan os traballos no vial que vai de San Miguel a Reinante e tamén nestes días darán comezo os traballos de aglomerado tanto na zona de Triana a San Miguel como no entorno da igrexa e na carretera que se derrubou en San Caetano en Celeiro de Mariñaos”.

Alfonso Fuente dixo que “tamén se fixeron traballos na zona da Cabana da Vella en Vilamartín Pequeno, é decir se están facendo unha serie de obras que non se puideron executar antes porque aínda o venres da semana pasada era cando a empresa Isidro Otero asinaba eses contratos coa Consellería de Medio Rural e inmediatamente se puxeron a traballar”.

O alcalde recoñeceu que “eran unhas estradas que levaban tempo estropeadas tras os danos causados pola auga o pasado mes de xuño e houbo que elaborar os proxectos e adxudicar estas obras. En breve se poderá disfrutar destas carreteras como debe de ser, algunhas delas tamén se levantaron para ir facendo os saneamentos e se van ir repoñendo pouco a pouco. Todo esto suporá un investimento de 200.000 euros en Barreiros, entre a aportación de Medio Rural e do Concello”.

Fuente Parga lamentou que “a Deputación Provincial, e cando está a piques de rematar este mandato, non fixera nin un só metro cadrado de aglomerado novo nin de riego novo no noso concello cando a propia Deputación ten unha serie de estradas en Barreiros nas que non actuou para nada, están desfeitas. Nalgunhas delas incluso se fixeron obras de saneamento e atópanse nun estado lamentable, a pesares de que a Deputación lles pedía a todos os veciños un aval para despois repoñer na carretera nin unha cousa nin a outra, nin se executou o aval nin se reparou a carretera e agora que xa remata este mandato non imos pedir máis”. O alcalde considera que “non se pode deixar abandoadas as estradas da Deputación, hai que lembrar que a que vai desde San Xusto e que sae na Insua é un vial de moito tráfico e non se lle tocou en nada. O único mantemento que houbo foi o que fixo o Concello en convenio para desbrozar as cunetas, pero nin as limparon nin nada. Non se fixo prácticamente nada, nada máis que aqueles 15 días que mandou a maquinaria a Deputación para facer catro arreglos e lavar a cara e eso non é así”.

Exit mobile version