Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de burela contratará 31 persoas nas vindeiras semanas

Nota de prensa

O CONCELLO CONTRATARÁ AO LONGO DAS VINDEIRAS SEMANAS A 31 PERSOAS, SEGUNDO DABA A COÑECER HOXE ALFREDO LLANO.

Burela, 10 de maio de 2011. O Concello contratará ao longo das vindeiras semanas a 31 persoas, segundo daba a coñecer hoxe o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor subliñou que “unha das preocupacións que temos no Concello de Burela é a de consolidar emprego e crear o máximo que poidamos, para eso por un lado facemos unha oferta por parte do propio Concello e por outro contamos con postos subvencionados pola Deputación e pola Xunta”. Llano lembrou que “coa institución provincial están a traballar a través do programa Lugo Emprega 22 persoas en Burela” e engadiu que “queremos completar a oferta con cuestións tan importantes coma o Grupo Municipal de Intervención Rápida, esta semana sacaremos xa as bases para contratar a 3 capataces e 9 peóns. En total son 12 prazas, unha boa cifra para Burela e un bó número para atender as necesidades que se deriven deste servizo”.

O alcalde de Burela contou que “tamén ofertaremos 12 prazas de socorristas, que traballarán do 15 de xuño ao 15 de setembro, e 3 prazas para a limpeza das praias, durante o mesmo período de tempo. Imos contratar durante 9 meses a unha persoa para o banco municipal do tempo, trátase dun administrativo; durante catro meses no verán traballará un guía no barco museo, que estará axudándolle ao titular que temos alí; tamén conseguimos unha praza de peón para a Casa da Cultura durante 6 meses e outra de monitor sociocultural por un prazo de 12 meses”.

Alfredo Llano recalcou que “entre unhas cousas e outras sumamos un total de 31 prazas que xunto as 22 do Lugo Emprega son 53 os postos de traballo creados, con todo aínda intentaremos ir mellorando, por exemplo en xardinería cando corresponda con fondos propios iremos completando a plantilla”.

Exit mobile version