Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela instalará nove monólitos turísticos nos puntos máis concorridos do concello

Nota de prensa:

NOS PRÓXIMOS DÍAS BURELA AMPLIARÁ O ASENTAMENTO DE MONOLITOS TURÍSTICOS E DE SINALIZACIÓN DE PLANTA NO ENTORNO URBANO ASÍ COMO NOS PASEOS MARÍTIMOS E NAS PRAIAS. O CONCELLO INSTARALÁ NOVE MÁIS, SEGUNDO DEU A COÑECER HOXE JOSÉ GONZÁLEZ LEGAZPI.

Burela, 20 de maio de 2011. O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, ven de informar que Burela contará nos vindeiros días con tres novos monolitos de información de interés turístico, así como seis sinalizadores de planta de información de recursos.

O edil nacionalista destaca que “o concello de Burela disporá nos vindeiros días de tres novos monolitos con información dos nosos recursos turísticos, con fondos coincidentes coa imaxe de marca de Burela, que serán situados no ámbito urbano e nas praias, así como seis novos sinalizadores de planta indicativos de recursos que serán instalados nos paseos marítimos de A Marosa e O Cantiño. Estes novos indicativos complementan aos xa instalados recentemente de cara ao fortalecemento da información turística máis transcendente a todas as persoas e primordialmente aos visitantes que se acheguen a coñecer e disfrutar dos recursos da nosa localidade”.

O concelleiro de Turismo, José González Legazpi, engade que “estes novos sinalizadores de planta e recursos turísticos non supoñen coste algún para o Concello ao establecerse mediante convenio coa Deputación Lugo. Representan unha interesante iniciativa que se complementa coa incorporación á plataforma de cidades dixitais, e que xunto con outras moitas iniciativas desenvolvidas nestes últimos anos son a consecuencia de que a nosa localidade tivera condicións de crecemento e valorización no ámbito turístico posicionándonos no camiño da consolidación de Burela como excelencia turística”. O edil do BNG subliña que “por tanto se avanza de forma determinante no asentamento de fortalezas para os sectores económicos nuns momentos de dificultade, promovéndose ao mesmo tempo posicionamentos de máxima calidade como destino turístico para Burela”.

Exit mobile version