Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo asesora e tramita axudas á conciliación da vida familiar e laboral

Nota de prensa

Así  o informan desde a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo que asesora e tramita estas axudas

APERTURA DO PRAZO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS Á  CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL.

Os interesados teñen ata o 18 de Xuño para facer efectiva a súa solicitude.

Cervo, 25 de Maio .- A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo, da que é responsable a Concelleira en funcións Yolanda Pedreira, vén de informar da publicación por parte da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no DOGA do mércores,18 de maio, das bases reguladoras para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede a súa convocatoria.

Desde a Axencia de Emprego local explican que a finalidade desta axudas é  o outorgamento de retribucións económicas a traballadores que  se acolleran a unha redución de xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a menor de 3 anos ou menor de 12 anos, si padece discapacidade recoñecida superior ao 33%, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011,por  un período mínimo de 60 días ininterrompidos e comprendidos neste período.

A contía destas axudas estará en función da porcentaxe da redución  da xornada laboral , da duración da mesma e do número de fillos a cargo do solicitante. Podendo chegar ata 3.600 €.

Na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Cervo, sita na Casa do Concello ofrecen o asesoramento axeitado e tramitan estas solicitudes. Tamén é posible obter máis información  no teléfono 982.55.77.77.

Exit mobile version