Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo clausura as escolas deportivas municipais cun amplo programa de actividades

NOTA DE PRENSA

Preto de 200 rapaces e adultos participaron nas EDM, unha iniciativa posta en marcha polo Goberno que dirixe Alfonso Villares e que celebra xa o seu cuarto ano de existencia, envorcada na promoción do deporte e da saúde no municipio.

CERVO PECHA A TEMPORADA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CUN VARIADO PROGRAMA DE ACTIVIDADES

A xornada de clausura, que terá lugar mañá venres, comezará ás 17.45 horas no pavillón de Cervo con varias actividades deportivas e rematará, ás 21.00 horas nese mesmo lugar, coa presentación da revista oficial das Escolas.

O programa inclúe xogos inchables, enfrontamentos de fútbol sala e baloncesto e unha exhibición de ximnasia rítmica e patinaxe artístico.

Cervo, 26 de maio de 2011.- A Delegación de Deportes do Concello de Cervo, que dirixe o edil en funcións do Partido Popular Rubén Fernández, organizou un variado programa de actividades con ocasión do peche da cuarta tempada das Escolas Deportivas Municipais (EDM). A cita terá lugar mañá venres, 27 de maio, a partir das 17.45 horas no pavillón do Colexio de Cervo.

XOGOS E EXHIBICIÓNS

Segundo o programa previsto para a xornada de peche de temporada, rapaces e adultos das escolas poderán participar en distintas actividades como xogos de fútbol e baloncesto (modalidade 3×3)… etc. Para os máis pequenos habilitaranse xogos inchables. Despois, ás 19.15 horas terá lugar unha exhibición a cargo dos alumnos das clases de ximnasia rítmica e ás 19.45 de patinaxe artístico

REVISTA OFICIAL E PETISCADA

Finalmente, ás 21.00 horas celebrarase o acto oficial de clausura, presidido polo Alcalde Alfonso Villares, e no que se presentará e fará entrega da revista oficial das Escolas Deportivas Municipais, xunto á entrega de medallas aos participantes das exhibicións. O acto rematará cunha petiscada na que poderán participar todos os alumnos e familiares das EDM.

COMPROMISO CO DEPORTE

As Escolas Deportivas Municipais poñerán fin á súa cuarta tempada, durante a que teñen participado preto de 200 rapaces e adultos nas súas distintas clases. Trátase dun novo servizo, impulsado desde o Goberno municipal que preside Alfonso Villares e dirixido ao fomento do deporte. O número de participantes acadado, o desenvolvemento das distintas actividades, e a resposta satisfactoria dos alumnos, permite concluír con éxito este cuarto ano de existencia das Escolas.

Exit mobile version