Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo investirá 60 mil euros para melloras en varios camiños despois das eleccións

Nota de prensa

O CONCELLO ACOMETERÁ MELLORAS EN VARIOS CAMIÑOS DESPOIS DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS, INDEPENDENTEMENTE DE CAL SEXA O RESULTADO. FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE ESTES DÍAS DEBE SEGUIR O TRABALLO ORDINARIO, PERO DI QUE NON SE DEBE EMPEZAR NADA QUE NON ESTIVESE XA INICIADO.

Ribadeo, 10 de maio de 2011. O Concello acometerá melloras en varios camiños por importe de 60.000 euros despois das eleccións municipais, independentemente do resultado que se produza. O alcalde, Fernando Suárez, considera que estes días debe serguir o traballo ordinario, pero di que non se debe empezar nada que non estivese xa iniciado.

O rexedor sinalou que “este concello de Ribadeo é coma un grande barco que cando se acaba de pintar pola popa hai que empezar a pintalo novamente pola proa porque empeza a enferruxar. Iso é o que pasa cos camiños municipais, de todas as parroquias, que sempre hai que estar enriba deles”. Suárez Barcia contou que “acabamos de publicar no Boletín Oficial da Provincia un anuncio cunha exposición ao público dunha serie de camiños por importe de 60.000 euros en varias parroquias A Devesa, Covelas, Ove ou Couxela, que nos vindeiros días se ten que iniciar o seu amaño ou reparación, aínda que eu creo que por determinadas cuestións de elegancia e sobre todo de coherencia política cando un se enfrenta a unha campaña electoral se debe seguir co traballo ordinario, pero non se debe empezar nada que non estivese iniciado”.

O alcalde subliña que “independentemente do resultados electorais do 22 de maio estes camiños vánse facer despois deses comicios, dentro de escasemente quince días aínda non, porque os veciños deben ver o traballo e valoralo ao longo de catro anos e non solamente porque os políticos de turno dunha administración ou doutra nos últimos días nos afanemos e nos poñamos a facer o que non se fixo en catro ano. Non quero que se tome coma unha ofensa á intelixencia dos veciños que o Concello de Ribadeo se poña de repente coas máquinas a asfaltar e a esparcir chapapote como si estivéramos tolos”. Fernando Suárez considera que “desas experiencias temos no pasado, non deron bó resultado e neste caso unha parte moi concreta da Deputación de Lugo anda nestes días afanada en facer o que non fixeron en catro anos despois de que lles déramos indicacións verbais e por escrito do deterioro impresionante no que se atopan moitas estradas da Deputación en Couxela, Vilaosende, A Devesa, Covelas… e que agora se volven tolos para nestes días poñerse a traballar”. O rexedor advírtelles que “por moi tolos que se poñan non van dar feito para amañar todo o viario e o que creo que van conseguir é un enfado monumental da xente, por ver cómo durante catro anos pasaron de todo e agora nestes últimos quince días queren dicir que existen por algún motivo”.

Exit mobile version