Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo leva a Santiago a campaña de sensibilización en igualdade nos centros educativos

Nota de prensa:

O CONCELLO LEVA A SANTIAGO A SÚA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN EN IGUALDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS. A DIRECTORA DO CIM, LUISA GONZÁLEZ, EXPORÁ A EXPERIENCIA DESENVOLVIDA EN RIBADEO.

Ribadeo, 4 de maio de 2011. O Concello de Ribadeo participará nas cuartas xornadas de formación, educación, xénero e igualdade O reto da igualdade das mulleres e do xénero en tempos de crise. Perspectivas múltiples. Estas xornadas están organizadas polo CIFEX, Centro Interdisciplinario de Investigación Feminista e Estudos de Xénero da USC e terán lugar desde hoxe ata o 6 de maio na facultade de Ciencias da Educación en Santiago de Compostela.

A directora do CIM, Luisa González, presentará o xoves 5 de maio, dentro da mesa-taller de experiencias prácticas educativas e didácticas, a experiencia educativa da campaña de sensibilización en igualdade nos centros educativos Un futuro por compartir en Igualdade, e aproveitará para proxectar a curta galardoada co 1º premio no concurso de guións cinematográficos da pasada edición: A Xenia do fútbol e a arte de Fabio.

Estas xornadas están dirixidas a estudantes, docentes e profesionais involucrados en tarefas de formación e educación humana nun sentido amplo e transmitindo coñecementos hacia posturas igualitarias que permitan unha convivencia e unhas relacións interxénero equitativas e democráticas.

Exit mobile version