Site icon Crónica3.com A Mariña

O mercado semanal de San Cibrao cámbiase para a praza dos Campos

Nota de prensa:

ASFALTAN AS RÚAS DO COBO, DO XUNCO E A AVENIDA DA MARIÑA DESPOIS DE REMATAR AS OBRAS DE MELLORA DON SUBMINISTRO DE AUGA, SANEAMENTO E A INSTALACIÓN DA FIBRA ÓPTICA E GAS ÁS VIVENDAS SITUADAS NESTAS VÍAS

O mercado semanal de San Ciprián trasladarase a partir de mañá á nova praza dos Campos

Cervo, 11 de maio de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou que nestes días estanse acometendo os traballos para aglomerar o firme da Rúas do Xunco, Rúa do Cobo e dun tramo da avenida da Mariña. O rexedor explicou que a rexeneración destas vías faise tralo remate das distintas actuacións que o Concello leva facendo neste último ano para mellorar e ampliar as redes subterráneas de subministro de servizos ás vivendas que alí se sitúan. “Unha vez que finalizaron os traballos de modernización das canalizacións de subministro de auga e de saneamento, e se instalaron as novas redes de subministro de gas e de fibra óptica é cando imos a levar adiante a rexeneración do firme destas rúas porque consideramos que é o momento máis axeitado para facelo. Deste xeito evitamos ter que estar constantemente abrindo e pechando gabias” recalcou o rexedor que tamén puntualizou que a rexeneración do firma nas rúas do Cobo e Xunco obedecen a un convenio subscrito polo Concello coa empresa Gas Galicia, mediante o cal dita subministradora se fará cargo dos custes destes asfaltados. .

Troco de ubicación do Mercado semanal en San Ciprián

Villares tamén anunciou que a partir de mañá, xoves, o mercado semanal de San Ciprián trocará a súa ubicación cara á nova Praza dos Campos, aberta ó público a pasada semana. O alcalde cervense recordou que esta praza foi ideada como lugar de encontro de tódolos veciños e como lugar onde podan ter cabida celebracións ou actos que congreguen a un importante numero de xente como é o caso do mercado semanal.

O alcalde indicou tamén que para levar adiante este traslado dos postos ao seu novo emprazamento o Concello -a través da Policía Local e do servizo municipal de Protección Civil- ten xa preparado un completo dispositivo. “Dende as 7.30 da mañá membros da Policía Local e de Protección Civil estarán listos nos arredores para ir distribuíndo aos comerciantes que participan semanalmente no mercado. Esta distribución será de momento provisional e diso xa están avisados dende hai unha semana os propios comerciantes que tradicionalmente acoden a este mercado. Creemos necesario dar un prazo dunhas catro semanas como mínimo para ver cal é a maneira máis axeitada de situar os distintos postos, e unha vez transcorrido ese período de proba, fixaremos definitivamente a configuración do mercado tendo en conta as opinións dos comerciantes e outros factores como a seguridade ou o tráfico de transeúntes”.

Exit mobile version