Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza o debate Igualdade e Mocidade e Burela

Nota de prensa
O Observatorio organiza un debate político o próximo sábado en Burela: Igualdade e Mocidade

O acto, que contará con representantes das organizacións xuvenís dos principais partidos será no Salón de Actos da Casa do Mar ás 12h.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza o debate “Igualdade e Mocidade: visións desde as organizacións xuvenís dos principais partidos”. O acto terá lugar ás 12h. do próximo sábado, 7 de maio, no Salón de Actos da Casa do Mar de Burela.

Contaremos coa presenza de:

Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova.
Leticia Seara, secretaria xeral de Xuventudes Socialistas de Lugo
Susana Rodríguez, coordinadora de igualdade de Novas Xeracións de Galicia.

O debate sobre políticas de igualdade, que reunirá a representantes das asociacións xuvenís dos principais partidos políticos, é pioneiro en toda Galiza e será moderado polo especialista en comunicación política Suso López. Estruturarase en catro grandes bloques temáticos (as políticas de igualade, a aplicación práctica da igualdade, a mocidade e a violencia de xénero e a lei de familia) e haberá dereito a repregunta e a preguntas do público. A duración estimada do debate será de 90 minutos.

Desde o Observatorio queremos que a igualdade sexa parte da axenda política e máis nestes momentos onde estamos ás portas dun proceso electoral. A igualdade debe estar presente nos programas políticos, nas listas electorais e dende o Observatorio queremos contribuír á súa visibilización.

Exit mobile version