Site icon Crónica3.com A Mariña

O pentatleta de Viveiro Cristobal Rodríguez clasificouse para a final da copa do mundo en Budapest

Referencia

CRISTÓBAL RODRÍGUEZ LOGRA A CLASIFICACIÓN PARA A FINAL DA COPA DO MUNDO DE
PENTATLÓN DE BUDAPEST

Cristóbal Rodríguez Fidalgo sigue facendo historia. O galego logrou en Budapest,
na súa segunda participación nunha proba da Copa do Mundo sénior, a
clasificación para a final. Viaxaba con ese obxectivo, aínda que sabía que non
sería sinxelo, pero o galego sigue dando grandes pasos cara a lograr a
clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012.

Cristóbal participaba no grupo A e dos 36 participantes lograban a clasificación
para a final os doce mellores. E o pentatleta galego fixo unha competición moi
regular e boa, acadando un total de 4.460 puntos que o levaron ata a novena
posición. Tivo unha magnífica actuación en combinada e fixo un bo papel tanto en
esgrima como en natación.

En total eran 104 pentatletas divididos en tres grupos e se clasificaron os 12
primeiros de cada un deles, polo que na final do domingo estarán 36 deportistas.
Na final comezarán coa proba de natación, para seguir con esgrima, hípica e
combinada.

Nesta fase previa participaron tamén os españois Aleix Heredia e Jaime López,
que non lograron a clasificación. Heredia, que estaba no mesmo grupo que
Cristóbal, finalizou na posición 27, mentres que López (grupo C) foi 22º
clasificado con 4.276 puntos.

Budapest é a terceira proba da Copa do Mundo, aínda que Cristóbal só participou
nas dúas últimas, e a seguinte celebrarase a finais do presente mes de maio en
China (Chengdu, 26-29 de maio).

Información da web da Federación Gallega de Triatlón e Pentatlon Moderno

http://www.fegatri.org/index2.php?option=com_content&task=view&id=645&pop=1&page=0&Itemid=42

Exit mobile version