Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP aseguran que o concello de Burela atendeu os memos dependentes en 2009 que en 2010.

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR

O PP afirma que a Xunta aporta 267.788’53€ para a contratación das trinta e unha persoas que anuncia o alcalde.

“Un alcalde que non di a verdade, coma o de Burela, non é de fiar”.
Os populares aseguran que o concello de Burela atendeu o mesmo número de dependentes en 2009 ca en 2010.

Burela, 10 de maio de 2011.- O Partido Popular de Burela asegurou hoxe que o alcalde de Burela engana ós cidadáns de xeito descarado, porque non di que os fondos para contratar as trinta e unha persoas serán aportados pola Xunta de Galicia. Eses fondos ascenden exactamente a 267.788’53€.

Segundo os populares, os cidadáns de Burela deben saber que o concello por si solo non ten capacidade para contratar trinta e unha persoas. Esto será posible gracias á aportación da Xunta que preside Núñez Feijoo, que unha vez máis demostra o seu compromiso con Burela.

Resulta triste e deplorable que un alcalde non saiba recoñecer a colaboración de outras institucións, como fai o de Burela, ocultando datos, e polo tanto ocultando información ós cidadáns. O mínimo que se lle pide a un alcalde é que diga a verdade, toda a verdade, sobre calquera cuestión que repercuta, e un alcalde que non di a verdade non é de fiar.

Os populares reiteran que, como o alcalde non solicitou a contratación anticipada dos doce membros do GRUMIR, e tendo en conta que estes están subvencionados para oito meses pero hasta o trinta e un de decembro, o concello vai perder alomenos os cartos de um mes para o GRUMIR, cartos que haberá que devolverlle á Xunta, pola incapacidade do alcalde na xestión municipal, algo que nós xa anticipamos.

Por outra banda, os populares insisten em que o bipartito incumple os compromisos da lei de dependencia. Reiteran que non gastaron máis de corenta mil euros en axuda no fogar en 2010, porque atenderon en 2010 a trinta persoas, as mesmas que en 2009, cando resulta que o concello pode e debe atender máis persoas, aquelas que xa teñen o denominado PIA. Pedímoslle ó alcalde e ó bipartito que se deixen de lerias e de palabrería barata e cumplan coas súas obrigas.

Exit mobile version