Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP critica a visita do ministro de Fomento a Burela

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR

O PP: “Blanco vén a Burela e deixa a Burela en blanco sobre o corredor Barreiros-San Cibrao”.

Manuel Fernández Valle critica o silencio do actual alcalde ante unha obra “vital” para Burela.
Dous anos despois, nin se sabe por onde pasa nin se coñecen as resolucións das alegacións.

Burela, 17 de abril de 2011.- O Partido Popular de Burela, a través do seu concelleiro e número dous da candidatura Manuel Fernández Valle, criticou a visita do Ministro de Fomento José Blanco o pasado domingo a Burela, xa que, segundo Fernández Valle, “sobre o corredor Barreiros-San Cibrao Blanco veu a Burela e deixou a Burela en Blanco, porque non dixo nin pío sobre o corredor Barreiros-San Cibrao”.

Para o popular, resulta “penoso que o ministro veña a Burela por terceira vez, e por terceira vez non diga nada sobre unha obra que é vital para o noso concello, porque é a saía hacia a A-8, porque o corredor Barreiros-San Cibrao está no mesmo estada ca en 2004”.

Fernández Valle tamén manifestou que “é mui triste que o actual alcalde de Burela plegue as orellas ante Blanco e non lle reclame unha obra tan importante coma esta. Tamèn resulta deprimente ver como Ismael Rego se prega ante o seu mandamais, o que demostra que nin o alcalde nin Rego defenden os intereses de Burela”.

Fernàndez Valle manifestou que dous anos despois de que saise a exposición pùblica o estudio informativo, ainda non se saiba cal è o trazado definitivo, e peor ainda que non se teñan respostado às alegaciòns que no seu dìa se presentaron”.

Exit mobile version