Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que reorganizará a o servicio da Policía Local

Nota de prensa

O PP reorganizará o servicio da Policía Local.

Buscaría unha maior atención ó cidadán e unha función preventiva.
Actualizarán o Plano de Emerxencias e potenciarán a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

Burela, 19 de maio de 2011.- O Partido Popular de Burela procederá a reorganizar o servicio da Policía Local co obxectivo de cubrir cos suficientes efectivos os turnos nos que pode haber máis acumulación de traballo, con atención preferente ós días de fin de semana, venres, sábados e domingos.

A tal efecto, os populares, que lembran que con eles se aprobou a oferta de emprego público para aumentar a plantilla da Policía Local, consideran que hai que millorar a colaboración coa Gardia Civil para optimizar os recursos baixo criterios únicos, para o que a Xunta Local de Seguridade debe fixar os obxectivos e os protocolos correspondentes.

Os populares tamén están convencidos de que a función da Policía Local non debe ser exclusivamente sancionadora, senón que tén que ter unha función primordialmente preventiva, para o que haberá que establecer as correspondentes campañas.

Por outra banda, en materia de Protección Civil, os populares actualizarán o Plano de Emergencias Municipal (PEMU), para adaptalo á situación actual do concello, e dos medios e recursos cos que se dispón. Desde o PP indican que o PEMU foi elaborado polo goberno municipal popular, e que desde aquela non se actualizou.

Ademais, consideran que hai que revitalizar a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, e levar a cabo labores de formación continuada dos voluntarios e dos membros do GRUMIR, para ganar en eficacia á hora de actuar en casos de sinistros.

Finalmente, desde o PP realizarán de forma continuada labores de prevención en materia de seguridade, como simulacros de evacuación, etc.

Exit mobile version