Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela inclúe no programa que o corredor Barreiros-San Cibrao pase polo sur do concello.

Nota d eprensa:
O PP inclúe no programa que o corredor Barreiros-San Cibrao pase polo sur do concello.

Os populares presionarán a Fomento para que programe e presuposte a obra.

Burela, 14 de maio de 2011.- O Partido Popular inclúe no seu programa electoral a demanda ó Ministerio de Fomento de que o corredor Barreiros-San Cibrao pase polo sur do concello, e que se programe e presuposte a obra canto antes, dada a enorme importancia que este vial tén para o concello burelés .

Os populares afirman que o actual alcalde non fixo absolutamente nada sobre esta importante vía de comunicación, lembran que as alegacións están sin resolver, que Fomento emitiu un informe desfavorable sobre o avance do PXOM precisamente a raiz do trazado do indicado corredor (informe que o alcalde mantivo oculto durante meses), e que de non resolverse canto antes a cuestión do trazado pode hipotecarse gravemente a elaboración do PXOM.

Por eso, desde o PP entenden que Fomento tén que decidir canto antes, e debe facelo atendendo as peticións que no seu día se formularon polo Concello, pola Asociación de Veciños e polo propio Partido Popular.

Os populares manifestan a súa decisión de entrevistarse inmediatamente co ministro de Fomento no caso de que acaden a alcaldía, porque “nin o PSOE nin o actual alcalde fixeron nada ó respecto, como vén sendo habitual á hora de defender os intereses de Burela; non queren molestar a José Blanco, e eso é perxudicial para os intereses da maioría dos cidadáns do noso concello”.

Exit mobile version