Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela promete xestionar a ampliación de espazos nos centros de secundaria

Nota de prensa:
NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR

O PP xestionará a ampliación de espacios nos dous centros de secundaria.

González Barcia quere retomar o Consello Escolar Municipal.
Lembra que o PP trouxo o Bacharelato de Artes e que o bipartito en dous anos non deu constituido o Consello Escolar.

Burela, 10 de maio de 2011.- O candidato do Partido Popular á alcaldía no concello de Burela, José María González Barcia, anunciou hoxe que, no caso de chegar ó goberno municipal, fará xestións para que os institutos bureleses gañen espacios para poder impartir un ensino público de calidade.

González Barcia, que hai unhas semana se reuniu cos directores dos dous centros de ensino secundario, considera que os plantexamentos que se fan desde os centros son lóxicos, e que o concello debe colaborar cos mesmos para acadar obxectivos de milora da calidade educativa.

Barcia recoñeceu que este será un obxectivo arduo, por mor da crise económica, pero que traballando desde o primeiro día e contando coa colaboración dos centros pódese conseguir.

González Barcia lembrou que xa no seu día o PP manifestou sensibilidade co ensino medio cando se instaurou o Bacharelato de Artes. “Agora toca de novo facer un esforzo para que os rapaces de Burela teñan unha oferta educativa ampla”.

Ademais, o candidato dos populares fixo pública a súa intención de recuperar o Consello Escolar Municipal, porque as súas aportacións serán importantes e consideramos que hai que telas en conta, indiciou. “Cando gobernou o PP, había Consello Escolar Municipal; co bipartito, fíxose un novo regulamento, que leva máis de dous anos aprobado pero o teoricamente novo Consello Escolar Municipal nin chegou a constituirse. Desde logo, eso demostra que o traballo non é o forte dos bipartitos, e tamén o seu escaso ou máis ben nulo interese polo mundo do ensino”.

Exit mobile version