Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela valora positivamente a implicación da Xunta na feira EXPOMAR

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR

O PP valora positivamente a implicación da Xunta na Feira EXPOMAR.

Apostan por potenciar a Fundación e a Feira.
Lembran que o alcalde adebeda vinte mil euros á Confraria de Pescadores.

Burela, 10 de maio de 2011.- O PP de Burela manifestou hoxe a súa satisfacción polo compromiso que unha vez mais vén de demostrar a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, coa aportación que vai facer para a celebración da Feira EXPOMAR.

Os populares lembran que a aportación que se vai facer mediante convenio ascende a vinte mil euros, unha cifra nada despreciable na situación de crise que se está a vivir.

Desde o PP afirman que EXPOMAR é posible gracias ó esforzo do sector náuticopesqueiro burelés, que considera que nin a Fundación nin por suposto a Feira deben deixarse dormir, e que poden e deben ser fieis reflejos do que é Burela no seu conxunto e o seu porto en particular.

Os populares reiteran o seu compromiso co sector náuticopesqueiro para reordenar a dársena interior e mellorar e ampliar progresivamente as instalacións portuarias a través da aplicación do plan director do porto, redactado a finais de 2004 e princípios de 2005.

Ademais, desde o PP lembran que a Fundación e a Feira EXPOMAR naceu co PP e será o PP quen a revitalice, eso si, pagando as débedas que o presidente da Fundación, o alcalde de Burela, ten contraídas, por exemplo, coa Confraria de Pescadores polo uso da nave de redes, algo mais de vinte mil euros.

Exit mobile version