Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo presenta a súa web de campaña electoral

NOTA DE PRENSA

Os populares desenvolven unha aposta firme polas novas tecnoloxías

VOLUNTARIOS E SIMPATIZANTES DA CANDIDATURA DE ALFONSO VILLARES PRESENTA A SÚA WEB DE CAMPAÑA

A formación popular ofrece información diaria e de campaña nas distintas redes sociais e dispón dunha canle en youtube.

A rede internet protagoniza un dos compromisos de goberno máis salientables do programa popular: a extensión de internet de alta velocidade nas parroquias do rural, despois do peche dos telecentros pola Deputación bipartita, e a creación de espacios wifi ao carón dos edificios municipais, bibliotecas e prazas públicas.

Cervo, 14 de maio de 2011.- O Partido Popular de Cervo presentou a súa web de campaña www.wix.com/partidopopularcervo/alfonso-villares-2011 creada e xestionada polo equipo de simpatizantes e voluntarios que apoian a candidatura de Alfonso Villares á reelección como alcalde do municipio.

Os populares de Cervo son unha das agrupacións locais que maior uso están a facer das novas tecnoloxías, unha aposta firme que lles leva a comunicar a súas propostas e ofrecer toda a información electoral a través da nova web e das redes sociais. De feito, os populares de Cervo teñen un perfil en facebook e un grupo de simpatizantes (partidopopulardecervo), outro espazo na rede de tuiter e colgaron varios vídeos promocionais en youtube.

As novas tecnoloxías tamén son unha prioridade do actual Goberno municipal, pioneiro en toda a comarca na transmisión de información da entidade local a través das redes sociais. E internet seguirá a ser unha aposta de futuro do Executivo local de acadar Alfonso Villares de novo a responsabilidade de Goberno. De feito nos compromisos de goberno inclúen desde a extensión da rede de alta velocidade ás parroquias do rural –unha aposta moi especial sobre todo despois de que a Deputación bipartita de Lugo deixara de financiar o mantemento dos telecentros rurais, tal e como viña facéndoo nas pasadas lexislaturas- e a creación de espacios wifi no contorno dos edificios municipais, bibliotecas e en outros espazos públicos como as prazas

Exit mobile version