Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reclama a revisión de todos os votos nulos contabilizados nos concellos de Mondoñedo e Riotorto

O PP reclama a revisión de todos os votos nulos contabilizados nos concellos de Mondoñedo e Riotorto

Nota de prensa

O PP PIDE Á XUNTA ELECTORAL A REVISIÓN DOS VOTOS NULOS NOS CONCELLOS DE MONDOÑEDO E RIOTORTO

Estes sufraxios poderían ser decisivos para que a formación política popular, que foi a máis votada en ambos concellos, acade a maioría absoluta e, polo tanto, a alcaldía destes dous municipios da Mariña lucense.

En Mondoñedo hai 63 votos nulos, e o PP quedou a sete votos da maioría absoluta. En Riotorto hai 8 votos nulos, mentres que ao PP faltáronlle tres votos para acadar a maioría absoluta.

A Mariña lucense, 24 de maio de 2011.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, deu a coñecer que o seu partido rexistrou un escrito na Xunta Electoral de zona reclamando a revisión de todos os votos nulos contabilizados nos concellos de Mondoñedo e Riotorto.

Estes sufraxios poderían ser decisivos para que a formación política popular, que foi a máis votada en ambos concellos, acade a maioría absoluta e, polo tanto, a alcaldía destes dous municipios da Mariña lucense.

No caso de Mondoñedo tras os comicios do pasado domingo contabilizáronse 63 votos nulos, mentres que o PP quedou a sete votos da maioría absoluta. No tocante a Riotorto, son 8 os votos nulos contabilizados, e tres os que lle faltaron ao PP para a maioría absoluta.

A Xunta Electoral deberá comprobar as causas de nulidade destes votos e ratificar que as distintas mesas electorais actuaron correctamente -en función dos criterios previstos na lei- cando anularon os sufraxios. En caso contrario os votos serán válidos e serán contabilizados para o cálculo do novo escrutinio.

Exit mobile version