Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente de NNXX de Lugo acompaña ao candidato de Ribadeo no mitin de peche de campaña

Nota de prensa:
Vega acompaña ao candidato de Ribadeo no mitin de peche de campaña

O acto terá lugar no pub El Molino, ás 21:30 horas

Ribadeo, 19 de maio de 2010.- O presidente provincial de Novas Xeracións do Partido Popular acompañará ao candidato á alcaldía en Ribadeo, Manuel Valín, no mitin de peche de campaña. O último acto do populares na cidade, no que tamén participará o presidente do PP local, José Carlos Rodríguez Andina, terá lugar mañá, ás 21: 30 horas, no pub El Molino.

Segundo asegurou Vega, dende Novas Xeracións apoiamos durante estes 15 días “a todos os alcaldables lucenses polo Partido Popular, e hoxe, último día da campaña, quixen estar na miña cidade, en Ribadeo”. O presidente provincial dixo que “durante a campaña o Partido Popular preocupouse polas necesidades das persoas”, o que en opinión de Vega “conlevará gobernos do PP responsables e adicados única e exclusivamente á cidadanía”.

Exit mobile version